Fachbereich: Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Fakultät: Facultade de Ciencias da Educación

Bereich: Theorie und Geschichte der Erziehung

Persönliche Website: https://www.usc.es/esculca/o-gi-esculca/equipo/

Doktor von der Universitat Autònoma de Barcelona mit der Dissertation Una mirada dialógica al aprendizaje-servicio. Relatos sobre sentido, agencia y mutualidad en la quinta dimensión 2018. unter der Leitung von Dr. José Luis Lalueza Sazatornil.

Licenciado en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Master en psicoloxía da educación pola Universidade de Barcelona e doutor en psicoloxía da educación no Doutorado Interuniversitario en Psicología de la Educación (UB, UAB, UDG e URL). Iniciou a súa investigación no ámbito da interculturalidade no grupo de investigación DEHISI (UAB), no que logo continuou no ámbito da Aprendizaxe-Servizo no marco dunha axuda a contratos FPI. Durante o doutoramento levou a cabo unha estadía na University of Delaware para formarse en investigación dialóxica e pedagoxía dialóxica. No periodo posdoutoral iniciou tamén investigacións sobre fondos de coñecemento. Mediante unha axuda para contratos Juan de la Cierva vinculouse ó grupo de investigación ESCULCA da USC, no que se incorporou a proxectos nacionais sobre Aprendizaxe-Servizo e articulou a vinculación de investigacións e metodoloxías educativas participativas (IAP, ApS e FdC) co medio rural. Este proceso deu lugar a nivel de transferencia a unha plataforma de colaboración interinstitucional entre educación superior e profesionais e activistas do medio rural: www.arredordorural.org.