A primeira liña de investigación do grupo pretende o estudo da heteroxeneidade das subpoboaciós celulares inmunes, con especial énfasis en linfocitos T colaboradores (Linfocitos Th1, Th2, Th17), pero tamén en células da inmunidade innata, como eosinófilos, neutrófilos, células linfoides innatas ou linfocitos T gamma-delta. Estudo dos mecanismos de activación destas células, así como das súas funcións efectoras ou reguladoras no marco das enfermidades crónicas das vías aéreas como o asma ou a EPOC.
As enfermidades crónicas das vías aéreas (p.ex., asma e EPOC) son enfermidades heteroxéneas con varios fenotipos/endotipos, cada un deles con diversos mecanismos inmunopatoxénicos específicos, nos cales participan subgrupos celulares inmunes específicos.
Os diferentes fenotipos moleculares e endotipos asmáticos ou en EPOC presentan mecanismos patoxénicos e fisiopatolóxicos específicos que se traducen en alteracións de diferentes biomoléculas (miRNAs, mRNAs, proteínas). Estas alteracións veranse reflexadas no el proteoma, transcritoma e miRNAoma libre o de nanovesículas presentes en biofluidos (e.g., soro, ouriños), que serán dependentes do fenotipo/ endotipo, a gravidade da enfermedade ou o tratamento da mesma.
Por elo, a segunda liña de investigación do grupo pretende o estudo do proteoma, transcritoma, y miRNAoma libre e de exosomas presentes en biofluidos (soro, ouriños) en subgrupos de pacientes con asma/EPOC con distintas gravidades, fenotipos ou endotipos, co fin de identificar novas vías patolóxicas e predecir a resposta aos tratamentos.