A transición do dereito de produtos cara ao novo paradigma da economía circular

  1. Puentes Cociña, Beltrán
unter der Leitung von:
  1. Alba Nogueira López Doktormutter

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Jahr der Verteidigung: 2024

Art: Dissertation

Zusammenfassung

Na última década a Unión Europea impulsou a estratexia de economía circular, coa intención de provocar un cambio sistémico no modelo de produción e consumo que garantise a súa sustentabilidade. A aplicación do novo paradigma da circularidade no ámbito dos produtos implica transformacións importantes na forma en que se deseñan, se consomen e se xestiona o final da súa vida útil. Para facer efectiva esta transición, é necesario realizar cambios no dereito de produtos que garantan a durabilidade e a reparabilidade. Esta tese doutoral busca estudar os principais instrumentos xurídicos e as políticas públicas sobre produtos adoptadas na última década para impulsar a economía circular.