Centenario de Manuel Murguía 1923 > 2023

  1. Marilar Aleixandre coord.
  2. Ramón Villares coord.

Publisher: Real Academia Galega

ISBN: 978-84-17807-33-7

Year of publication: 2023

Type: Book

Abstract

Transcorridos cen anos desde a morte do fundador da Real Academia Galega, a pegada das ideas de Manuel Murguía é aínda visible en como galegas e galegos pensan o país, a identidade galega, en como se pensan a si mesmos. Murguía foi o pensador que construíu o paradigma do celtismo e do rexionalismo, unha personalidade clave na institucionalización da cultura galega que desempeñou tamén un papel importante nas relacións coa colectividade galega en América. A súa é unha vida moi completa que merece ser rescatada e lanzada cara ao futuro. As xornadas coas que a Real Academia Galega quixo conmemorar o centenario do pasamento do que foi o seu primeiro presidente, celebradas o 2, o 9 e o 16 de febreiro de 2023, trataron de revelar a pluralidade e a complexidade da súa figura e da súa obra. As nove contribucións recollidas neste volume poñen o foco sobre Murguía e sobre as institucións, a idea de Galicia e a literatura nacional; compleméntanse ofrecendo distintas facetas do pensamento murguián e abren, asemade, camiños aínda por explorar.