Manexo agroecolóxico de sistemas sostibles de produción de leite baseados no uso dos recursos forraxeiros da explotación galega

  1. A. I. Roca Fernández 12
  2. A. González Rodríguez 12
  1. 1 Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Instituto Galego de
  2. 2 Calidade Alimentaria (INGACAL)
Libro:
Iniciativas agroecolóxicas innovadoras para a transformación dos espazos rurais

Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-616-1882-8

Año de publicación: 2013

Páginas: 783-803

Tipo: Capítulo de Libro

Resumen

A produción de leite é o sector máis importante na economía agraria galega e o principal medio de subsistencia para preto de 13.000 explotacións, que contan co 41%das vacas españolas, procesando máis de dous millóns de toneladas de leite, un 36%da cota anual, cun modelo de produción intensiva semellante ao do resto da Españaseca, e con problemas na estrutura da propiedade da terra, granxas pequenas e moidivididas. Os actuais baixos prezos do leite e a liberalización das cotas na nova PAC,poñen de manifesto a necesidade de reducir os custes de produción, facilitando oretorno a unha alimentación das vacas con forraxe verde, posible nas áreas húmidasdo Arco Atlántico como Galicia. No CIAM estúdase a competitividade e a rendibilidade dos sistemas sustentábeis con base no uso eficiente dos pastos, como fonte máisbarata de nutrientes para o animal. A actual situación require que as explotaciónsgañen confianza no uso dos seus recursos, hoxe as que xa o fan presentan maioresrendas e maior eficiencia económica nos programas de xestión da Xunta de Galicia.Na Cornixa Cantábrica pódese producir 7.500 litros de leite suplementando ao animais con tan só 1.500 kg/vaca/ano de concentrado en pastoreo cunha carga gandeiraanual de 1,9 vacas/ha. A vida produtiva destas vacas é máis longa, ata 4-6 lactaciónscun intervalo de partos anual, o que implica baixos niveis de reposición, do 20%, encontraste cos sistemas intensivos que presentan unha reposición do 60% e só acadan2,5 lactacións efectivas por animal. Outro aspecto importante dos sistemas sustentábeis baseados no emprego de forraxes frescas é a posibilidade de facer a recría napropia explotación. As xatas criadas deste xeito poden vivir case exclusivamente nopasto dende os 8 meses ata ó parto, aos 24 meses, reducindo así os custes de produción do sistema. Para lograr unha alta eficiencia dos sistemas en pastoreo, débesemaximizar a inxestión de pasto polo animal, optimizando a calidade da herba, reservando o concentrado para os momentos de déficit enerxético do animal, onde non éviable acadar o seu máximo potencial produtivo só con herba verde. A Sección de Produción de Leite do Departamento de Produción Animal do CIAMdefiniu un “Modelo de Produción de Leite en Pastoreo” obtido en condicións experimentais facendo un orzamento forraxeiro que esixe como ingredientes anuaisda ración a pradería en pastoreo durante 6-8 meses e o silo de herba e millo paraos restantes 6-4 meses e doses mínimas de concentrado. A investigación ten comoobxectivo estudar o consumo de pasto por animal que debe ser maximizado controlando os principais factores do sistema de pastoreo: manexo dos pastos (especies,niveis de abonado, estacionalidade na produción de herba, intervalo de crecementodo pasto, etc.), a calidade da ración (materia seca, proteína, fibras, carbohidratose dixestibilidade), a interacción pasto-animal, a calidade do leite (proteína, graxae perfil de ácidos graxos), a recría e a reposición de xatas, e os aspectos medioambientais, que poden facer que os sistemas de produción en pastoreo sexan sostibles, competitivos e rendibles.