In memorian. Anxo Freirehistoria viva de ENCIGA

  1. Manolo Bermejo Patiño
Revista:
Boletín das ciencias

ISSN: 0214-7807

Ano de publicación: 2024

Ano: 37

Número: 97

Páxinas: 7-21

Tipo: Artigo

DOI: 10.54954/202497007 DIALNET GOOGLE SCHOLAR

Outras publicacións en: Boletín das ciencias

Resumo

No XXXVI Congreso de ENCIGA, celebrado en Xinzo da Limia, tivemos unha sesión titulada “Anxo Freire: Memoria de ENCIGA”, na que fixemos un acto recordatorio do noso amigo. Este acto queriamos que, representado no Anxo Freire, fora unha homenaxe do noso colectivo a tod@s cant@s compañeir@s xa non están hoxe con nós; pero que construíron, con tod@s nós, a nosa Asociación. Como moitos dos compañeiros da nosa Asociación, non puidestes asistir a este acto, quero presentarvos, nesta “IN MEMORIAN”, unha semblanza do que, para min a para moitos de nós, representa a vida do noso Anxo en relación coa nosa Asociación. Considero que, a mellor loubanza que podo realizar da súa vida é analizar cal, canto e como foi o seu compromiso con ENCIGA. Presentar en que maneira dedicou unha parte importante da súa vida a traballar por e para ENCIGA e tamén, como non, canto desfrutou da vida en común que nos ofrece a nosa Asociación nos seus Congresos.