Sociedade Xuvenil Galega de Químicacomo vemos a ciencia?

  1. Isabel Velo-Heleno
  2. Jesús Bello García
  3. Sandra Fernández-Fariña
Revista:
Boletín das ciencias

ISSN: 0214-7807

Ano de publicación: 2023

Ano: 36

Número: 95

Páxinas: 213-228

Tipo: Artigo

DOI: 10.54954/202395213 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Boletín das ciencias

Resumo

Dende idades moi temperás estamos rodeados de estímulos que nos inflúen nas decisións que tomamos. É moi sinxelo atopar nenas e nenos que deciden ser cantantes, dedicarse ao mundo do deporte ou da medicina, mais pola contra, moi poucos son os que teñen claro que queren formar parte do mundo da ciencia. Un grupo de rapaces e rapazas que decidiron levar a cabo ese soño infantil, foron quen de formar a Sociedade Xuvenil Galega de Química, SXGQ. Grazas a eles, moitos outros poden transmitirlle aos seus familiares e amigos como é a verdadeira cara da investigación, derrubando os prexuízos que a ciencia foi adquirindo ao longo dos anos. Deste xeito a SXGQ, trata de levar a ciencia aos colexios, ás familias e á sociedade, e sempre en galego, demostrando que a ciencia en galego existe. Neste traballo preténdese mostrar como é a SXGQ, por que se formou, que facemos e a repercusión que estamos a ter.