Un análisis estructural sobre las relaciones entre conciencia fonológica, lectura y funcionamiento ejecutivo en Educación Infantil
- Pereira-López, Laura
- Manuel Peralbo Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 24 de maio de 2024
- María del Mar García Señorán Presidente/a
- Juan-Carlos Brenlla-Blanco Secretario/a
- Manoel Baña Castro Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A proba de avaliación da Conciencia Fonolóxica (CF) e a Competencia Lectora Inicial (CLI) LolEva, é un instrumento informatizado dirixido a identificar a existencia de problemas no desenvolvemento de habilidades que puidesen levar dificultades na aprendizaxe da lectura. As análises precedentes das súas propiedades psicométricas cunha mostra entre os 3 e os 8 anos de idade mostraban unha alta fiabilidade, boa discriminación dos ítems, así como a presenza de tres factores que explicaban un 75% da varianza: rendemento en CF, CLI, e tempos de lectura de palabras. Nunha primeira fase, e cos resultados obtidos nunha mostra posterior de 343 nenos e nenas de 3 a 6 anos escolarizados en centros públicos e concertados, someteuse o modelo resultante a unha Análise Factorial Confirmatoria (AFC). Os seus resultados achegan evidencia en apoio da fiabilidade e validez de constructo da proba e apoian a relación de continuidade entre o desenvolvemento da conciencia fonolóxica e a aprendizaxe lectora. Nunha segunda fase, o obxectivo foi avaliar a utilidade do Cuestionario de Funcionamento Executivo en Nenos (CHEXI), orixinalmente deseñado para identificar aos nenos en risco de padecer Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH), para predicir o nivel de desenvolvemento da conciencia fonolóxica e a competencia lectora inicial en educación infantil. Con este fin foron avaliados 155 nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos que cursaban segundo ciclo de educación infantil a través do CHEXI (unha avaliación do Funcionamento Executivo informada o profesor) e da proba LolEva para a Avaliación da Linguaxe Oral e Escrita (unha proba informatizada deseñada para avaliar conxuntamente a conciencia fonolóxica e a competencia lectora inicial). Os resultados mostraron que o Funcionamento Executivo relaciónase significativamente coa Conciencia Fonolóxica no seu conxunto, e coa automatización dos procesos de conversión grafema-fonema con que se inicia a aprendizaxe da lectura. De igual modo, o funcionamento executivo parece ser un predictor razoable da posible existencia de dificultades de aprendizaxe lectora.