A comunicación en redes sociais da extrema dereita: análise dos contidos de Vox, pseudo-medios e creadores de contido españois no contexto das eleccións xerais do 2023

  1. Rodríguez Poy, Xoel 1
  2. Vázquez Herrero, Jorge 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Editor: Zenodo

Ano de publicación: 2024

Tipo: Dataset

CC BY 4.0

Resumo

Información relevante Os arquivos publicados neste repositorio forman parte do Traballo Final de Grao (TFG) titulado "A comunicación en redes sociais da extrema dereita: análise dos contidos de Vox, pseudo-medios e creadores de contido españois no contexto das eleccións xerais do 2023". Trátase dun Traballo Final de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, elaborado por Xoel Rodríguez Poy e baixo a titorización de Jorge Vázquez Herrero, para a obtención do Grao en Xornalismo e o Grao en Comunicación Audiovisual.  Descrición do Anexo V O devandito anexo inclúe os seguintes contidos: Publicacións realizadas por Vox en Instagram ao longo do ano 2023, recompilando o número de publicación, a data, as etiquetas temáticas identificadas, o número de likes e comentarios e o formato de publicación. Publicacións realizadas por Javier Negre en Instagram no marco do 23-X (é dicir, entre o 29 de maio de 2023 e o 30 de xullo de 2023), recompilando o número de publicación, a data, as etiquetas temáticas identificadas, o número de likes e comentarios e o formato de publicación. Publicacións realizadas por Vito Quiles en TikTok no marco do 23-X, recompilando o número de publicación, a data, as etiquetas temáticas identificadas, o número de visualizacións, likes e comentarios e o formato de publicación. Ademais, recompílanse tamén as publicacións que superaron as 100.000 visualizacións no perfil dende a súa creación ata o ano 2024. Publicacións realizadas por Roma Gallardo en YouTube no marco do 23-X, recompilando o número de publicación, a data, o título, as etiquetas temáticas identificadas, a duración, as visualizacións e o número de likes e comentarios. Ademais, recompílanse tamén as publicacións do ano 2023 (número da publicación, data, título, duración, visualizacións, likes e comentarios). Publicacións realizadas por Alvise Pérez en Telegram no marco do 23-X, recompilando o número de publicación, a data, as etiquetas temáticas identificadas, as visualizacións, as reaccións, o número de comentarios e o formato. Os datos foron rexistrados entre o 10 de abril e o 25 de abril de 2023