As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe

  1. Alejandra Ulla Lorenzo coord.

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico ; Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-19679-61-1

Ano de publicación: 2023

Tipo: Libro

Resumo

Un grupo de investigadoras e investigadores, mozas e mozos universitarios de 2023, revisitan, cen anos despois da fundación do Seminario de Estudos Galegos, o labor daqueles mozos que en 1923 puxeron os alicerces dunha construción, cultural e científica, monumental. O Seminario de Estudos Galegos pretendía atender diversos campos do saber que non eran obxecto de estudo como materia galega na universidade, tanto dende o punto de vista investigador como formativo e divulgador. Estas páxinas avalían, precisamente, o estado actual das disciplinas que constituíron as diferentes seccións integradas no Seminario de Estudos Galegos.