Trastorno por Déficit de Atención/Hiperactividade (TDAH)
ISBN: 9788419679840
Ano de publicación: 2024
Tipo: Libro
Resumo
Esta unidade didáctica pertence á materia Trastornos no Desenvolvemento e Dificultades na Aprendizaxe, que é unha materia que se imparte no máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, impartido na Universidade de Santiago de Compostela. Esta disciplina é de carácter optativo para o alumnado da especialidade de Orientación Educativa. A súa carga lectiva é de 4 créditos ECTS e impártese nos meses de outubro/novembro. Nesta unidade estúdase o concepto e os criterios diagnósticos do Trastorno por Déficit de Atención/Hiperactividade (TDAH), así como as características das persoas que presentan este trastorno do neurodesenvolvemento (xerais e específicas da adolescencia). Finalmente, ofrécense unha serie de pautas básicas relacionadas coa intervención.