Galiza Mater, raíz antergaManuel Rodrigues Lapa na lingua e na cultura galegas da man de Francisco Fernández del Riego

  1. Monteagudo Romero, Henrique

Editorial: Galaxia

ISBN: 9788411762021

Año de publicación: 2024

Tipo: Libro

Resumen

"Á Galiza de sempre, raiz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrígues Lapa antepuxo á súa monumental edición das Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia. Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollar que Lapa deitou sobre Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialmente despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movementop galeguista, o filólogo portugues demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondencia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboración coa resistencia galeguiosta nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreita relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das Cantigas é testemuño perenne.