A memoria colonial na construcción da identidade soberanista galega

  1. Cristina Botana 1
  2. Fernando Pérez 2
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela, Grupo de Análise Territorial; Colectivo Anomias de Investigación-Acción
  2. 2 Asociación cultural Tinta Bacanal; Colectivo Anomias de Investigación-Acción
Libro:
Galiza e o decolonialismo
  1. Fran Quiroga (ed. lit.)

Editorial: Fundación Luis Seoane

ISBN: 978-84-123974-6-8

Ano de publicación: 2023

Páxinas: 71-84

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

Estamos a tempo de conformar un proxecto emancipatorio pluriversal que comprenda a galeguidade heteroxénea que habita este sentir, pero é indispensable que antes fagamos un exercicio de memoria das colonialidades exercidas dende a nosa nación. Non podemos falar do imperialismo español sen incluirnos dentro del, xa que o noso presente tamén é deudor directo desta historia. Temos alimentado a autoestima da terra co relato do indiano que migrou, pobre e analfabeto, para ás Américas, e voltou á súa parroquia rico e ben situado. Pero cando confrontamos esta imaxe aparece a dor, mesmo a vergoña, mais é un exercicio fundamental para limpar as feridas.