O novo plan forestal e a (des)consideración da paisaxe
ISSN: 2605-3276
Ano de publicación: 2024
Título do exemplar: Galicia: conflictos socioambientales
Volume: 7
Número: 31
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Crítica urbana: revista de estudios urbanos y territoriales.
Resumo
En 2021, a política relativa á xestión do eucalipto en Galicia amosou un cambio de rumbo aparente. Por primeira vez, a versión actualizada do Plan Forestal de Galicia (PFG) incluía (páx.100) no seu programa de acción a necesidade de non só realizar un “control” das plantacións, senón tamén “reduc[ir] a ocupación da superficie forestal” ocupada polo eucalipto.