Redes socioculturais da lirica galego-portuguesasobre os autores das tenzóns

  1. González, Deborah 1
  1. 1 Universidade de Santiago
Libro:
¿Qué se fizo aquel trobar?: La poesía de cancionero ayer y hoy
  1. Tato, cleofe (coord.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-878-4

Ano de publicación: 2023

Páxinas: 279-292

Tipo: Capítulo de libro

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Resumo

Na lírica galego-portuguesa, é posible encontrar diálogos de distinto tipo entre trobadores e xograres. Nesta ocasión, centrarémonos no núcleo de tenzóns transmtidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (BNP, cod. 10991) e no Cancioneiro da Vaticana (BAV, Vat. Lat. 4803) atendendo a tres aspectos fundamentais que permiten valorar a autoría de cada un dos diálogos e a súa reprodución dentro dunha serie de cantigas, a información atributiva concedida por distinto tipo de rúbrica, e as mencións aos interlocutores no interior dos debates. O noso propósito será identificar casos problemáticos ou merecentes de comentario, como paso previo necesario para avanzar na percepción dunha imaxe máis diáfana das redes socioculturais e literarias que as entreteceron entre os autores do movemento trobadoresco, formando parte dos obxectivos do proxecto de investigación Redes socioculturais da lírica galaico-portuguesa