Análise, datos e recomendacións para o recoñecemento da diversidade en GaliciaForo Identidades e Disidencias Sexuais 2022/2023

  1. Adán, Carme coord.
  2. Ferrández, Daniela
  3. Latorre, Enrique
  4. Lois, Marta
  5. López Rey, Beatriz
  6. Vázquez Añel, Martín

Editorial: Consello da Cultura Galega

ISBN: 978-84-17802-55-4

Ano de publicación: 2023

Tipo: Libro

Resumo

Este informe dá forma aos traballos realizados durante meses polo Foro Identidades e Disidencias Sexuais, que foi coordinado por unha comisión técnica temporal do Consello da Cultura Galega (CCG). Ao foro encomendóuselle o labor de cartografar a realidade, a situación e as necesidades das persoas LGBT+ e de identificar as demandas fundamentais do colectivo para poder darlle unha resposta a través da creación de recursos, programas e servizos desde as políticas públicas.