Benestar animal nas granxas de vacún da provincia de Lugo e as súas implicacións na produción

  1. Verdes Gil, Sonia
Dirixida por:
  1. Luis Angel Quintela Arias Director
  2. Pedro J. García Herradón Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 22 de setembro de 2023

Tribunal:
  1. Lydia Gil Huerta Presidente/a
  2. Rodrigo Muiño Otero Secretario
  3. Juan Manuel Caínzos Cagiao Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Patoloxía Animal

Tipo: Tese

Resumo

O sector leiteiro é un importante motor da economía rural galega e, especialmente, na provincia de Lugo. Neste momento, os gandeiros están obrigados a ser eficientes e competitivos e o benestar animal inflúe na produtividade condicionando ambos os dous aspectos. O obxectivo do estudo foi avaliar o benestar animal e o seu impacto na produción e na reprodución nas granxas de vacas leiteiras na provincia de Lugo, identificando as súas fortalezas e debilidades para establecer pautas de mellora para incrementar a rendibilidade das explotacións. A tal fin, avaliáronse 187 granxas leiteiras da provincia de Lugo e recompiláronse datos relacionados coa condición física e o comportamento dos animais, e datos relacionados co sistema produtivo, as instalacións e o seu mantemento. A conclusión é que a maioría das granxas avaliadas teñen un bo manexo dos animais e bo mantemento das instalacións, aínda que amosan certas deficiencias de deseño. As granxas que presentaron maiores deficiencias tamén tiveron peores puntuacións de hixiene, unha menor taxa de detección de celo e unha produción de leite inferior. A prevalencia de coxeiras foi moi elevada, sendo os principais factores de risco a existencia de pisos esvaradíos, unha distancia de retirada inferior a 75 cm e a presenza de lesións nos pezuños.