A subxugación feminina da esposa do Coello Branco de Alicia en formato álbum ilustrado
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
ISSN: 0214-9117
Ano de publicación: 2022
Número: 60
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Boletín galego de literatura
Resumo
A narrativa protagonizada pola pequena Alicia, creada por Lewis Carroll a finais do século XIX, segue ocupando un lugar destacado no imaxinario colectivo de pequenos e maiores, tanto pola súa consolidación como un clásico da Literatura Infantil e Xuvenil como pola multitude de reescrituras literarias e fílmicas que suscitou. O obxectivo desta nota é facer unha análise dende a perspectiva de xénero da reescritura literaria libre, de uso ideolóxico e en formato álbum ilustrado, titulada La esposa del Conejo Blanco, escrita e ilustrada por Gilles Bachelet. Os resultados mostran a intención clara de obra de facer unha denuncia e crítica social á instancia do matrimonio como mecanismo de subxugación da muller, sen por iso perder calidade estética e literaria nin orixinalidade. Na conclusión final evidénciase que a combinación de texto e imaxe mediante diversos tipos de interacción e o uso do sarcasmo, agochado nas palabras da protagonista, que gañan un novo sentido co acompañamento da ilustración, reforza a vinculación da obra co público non infantil, cuxas problemáticas se expoñen e denuncian no álbum.
Referencias bibliográficas
- Bachelet, G. (2016). La esposa del Conejo Blanco. Adriana Hidalgo Editora.
- Carabias Álvaro, M. (2001). El arte y la fotografía, refugios tolerados para la deformación social de la imagen femenina. Arte, Individuo y Sociedad, 13, 123-142. https://revistas.ucm.es/index.php/ARIS/article/view/ARIS0101110123A
- Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Síntesis.
- Ferreira Boo, C. (2020). Conto marabilloso e reescritas na Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Elos. Revista De Literatura Infantil E Xuvenil, 7, 97-119. https://doi.org/10.15304/elos.7.6850
- Genette, G. (1989). Palimpsestos. La literatura en segundo grado. Taurus.
- Gómez-López-Guiñones, L. (2015). Metaficción en los libros infantiles italianos del siglo XXI. Ocnos, 13, 99-115. https://doi.org/10.18239/ocnos_2015.13.06
- Joosen, V. (2011). Critical & Creative perspectives on fairy tales: an intertextual dialogue between fairy-tale scholarship and postmodern retellings. Wayne State University Press.
- Lozano Rubio, S. (2012). Las causas de la subyugación femenina: lecciones del feminismo marxista. Estrat Crític, 6, 213-227. https://ddd.uab.cat/record/107249?ln=ca
- Nikolajeva, M. y Scott, C. (2001). How Picturebooks Work. Garland Publishing.
- Ramos, Ana Margarida (2019). “Reilustrar Alice: Tentativas de Escapar à tentação da Disney”. Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil, 6, "Artigos", 37-52. ISSN 2386 -7620. DOI http://dx.doi.org/10.15304/elos.6.5723
- Roig, B.-A. y Ferreira, C. (2010). O conto de transmisión oral na LIX galega. En B.-A. Roig, M. Neira e I. Soto (Coords.), Reescrituras do conto popular (2000-2009) (pp. 83-105). Edicións Xerais de Galicia.
- Scolari, C. A. (2013). Narrativas transmedia. Deusto.
- Smith, A. (2014) Letting Down Rapunzel: feminism's effects of fairy tales.
- Children's Literature in Education, 46(4), 424-437. https://doi.org/10.1007/s10583-014-9239-6
- Valriu, C. (2010). Reescriptures de les rondalles en el s. XXI (2000-2009). En B.-A. Roig, M. Neira e I. Soto (Coords.), Reescrituras do conto popular (2000-2009) (pp. 13-30). Edicións Xerais de Galicia.
- Vouillamoz, N. (2022). Reescrituras subversivas y literatura infantil. Cuando el libro-álbum da voz a personajes de cuentos clásicos. Ocnos, 21(1), 1-16. https://doi.org/10.18239/ocnos_2022.21.1.2737