Vida del artista de origen mindoniense José Losada (1817-1887), platero oficial de la catedral de Santiago de Compostela

  1. Ana Pérez Varela 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

ISSN: 0213-4357

Ano de publicación: 2022

Número: 35

Páxinas: 283-311

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios mindonienses: Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol

Resumo

José Losada foi o prateiro compostelán máis importante do terceiro cuarto do século XIX, sendo artífice da catedral de Santiago e autor das súas dúas obras de pratería máis senlleiras: o botafumeiro, e a fuma que custodia os restos do Apóstolo. Dende o Arquivo da diócese de Mondoñedo-Ferrol -xa que naceu na parroquia de Santiago de Mondoñedo- até o Arquivo Histórico Universitario de Santiago ou o Arquivo da Catedral da mesma cidade, compilamos e ordenamos unha serie de documentación inédita. Grazas a ela, levamos a cabo a reconstrución da biografía do artífice e a súa traxectoria profesional con respecto á fábrica compostelá, onde traballou máis de trinta anos. Ademais, unha primeira aproximación ao seu catálogo de obra disperso polas parroquias da arquidiocese permitiunos chegar a conclusións con respecto ás súas particularidades estilísticas, en beneficio do recoñecemento de futuras pezas que aínda están por identificar. En conxunto, este material inédito permite coñecer unha figura especialmente relevante da arte compostelá do século XIX, recoñecer potenciais pezas en futuros estudos, e especialmente, determinar aspectos relativos á aprendizaxe, traballo e características do oficio de prateiro na Compostela da época, do cal ata o de agora se coñece moi pouco.