A dobre crise da prensa en papel e o camiño cara a súa recuperaciónevolución económica do sector en Galiza (2008-2018)

  1. Raul Rios-Rodríguez 1
  2. Adrián Dios-Vicente 2
  1. 1 ECOAGRASOC Research Group, Department of AppliedEconomics, Universidade de Santiago de Compostela
  2. 2 GESPIC Research Group, Department of Applied Economics, Universidade de Santiago de Compostela
Revista:
Observatorio (OBS*)

ISSN: 1646-5954

Ano de publicación: 2023

Volume: 17

Número: 1

Páxinas: 133-152

Tipo: Artigo

DOI: 10.15847/OBSOBS17120232089 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: Observatorio (OBS*)

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Resumo

Este traballo trata a evolución económica recente do sector da prensa impresa en Galiza. Alén da crise económica xeral de 2008, o sector sufriu a súa propia crise estrutural provocada pola emerxencia da Internet. Para estudar o impacto desta dobre crise e a resposta das empresas do sector, realizamos unha análise económica-financeira dunha mostra de 13 empresas galegas editoras de xornais en papel durante o período 2008-2018, centrándonos na rendibilidade e nas súas principais compoñentes. Os resultados mostran unha caída da facturación que se prolonga durante todo o período, incluída a fase de crecemento económico, síntoma do declive do papel como soporte xornalístico. Porén, tras unha etapa de crise marcada por rendibilidades negativas, as empresas conseguiron recuperarse grazas a un axuste no volume de activos totais e nos custes operativos máis intenso que a caída experimentada polas vendas, tornando máis pequenas e máis eficientes.