Misticismo, ironía e humor na obra de Søren Kierkegaard

  1. Santiago Dacosta, Alipio
Dirixida por:
  1. Oscar Parcero Oubiña Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 02 de marzo de 2023

Tribunal:
  1. Patricia Carina Dip Presidente/a
  2. Martín González Fernández Secretario
  3. Nuno Ferro Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filosofía e Antropoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 793353 DIALNET

Resumo

Neste traballo intentaremos xustificar a posibilidade dunha interpretación relixiosa da produción kierkegaardiana, que sexa á vez compatible co dominio da ironía sobre a produción. Para isto será necesario mostrar que a ironía e a comunicación indirecta poderían funcionar precisamente como medios para a edificación relixiosa, especificando unha comprensión acerca do significado da negatividade infinita da ironía. Un estudo das críticas de Kierkegaard ó misticismo, ou máis particularmente, á idea de que sería posible unha relación inmediata entre o individuo e Deus, servirá para aclarar, mediante o contraste, a especificidade da propia concepción kierkegaardiana acerca da relación entre o individuo, Deus e o próximo, tamén co propósito de considerar ata que punto resultaría posible falar dunha mística especificamente kierkegaardiana. Como paso previo, acoutaremos o sentido que neste traballo se lle atribuirá ó termo ‘místico/a’, e resumidamente, daremos conta dos debates orixinados a partir da recepción do misticismo do Grunt, por parte da filosofía alemá do século XIX. Mostraremos como o pensamento de Kierkegaard se configurou, en parte, non só por contraposición ó misticismo, senón tamén a partir da apropiación dalgunhas expresións tomadas da literatura mística, como por exemplo a de ‘morrer (at afdøe) ó mundo’, introducindo modificacións no significado de ditas expresións, para adaptalo ós propósitos do seu propio discurso. Apelando ás achegas de distintos autores, observaremos como a irredutible presenza dunha dimensión estética na produción kierkegaardiana, podería interpretarse, ou ben a partir dun propósito relixioso, ou ben como un fenómeno que non é incompatible cunha interpretación relixiosa da produción. Estudaremos as relacións entre a cuestión do silencio de Abraham e a noción de ‘morrer ó mundo’, e por último intentaremos concretar como podería levarse a cabo o que nós denominaremos como unha mística kierkegaardiana, a partir de varios exemplos tomados dos propios textos de Kierkegaard