Os arquivos do temporeconstrución paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos

  1. Tallón Armada, Rebeca
unter der Leitung von:
  1. Antonio Martínez Cortizas Doktorvater
  2. Manuela Costa Casais Co-Doktormutter

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 07 von April von 2022

Gericht:
  1. María Cruz Ferro Vázquez Präsident/in
  2. Jesús Horacio García García Sekretär
  3. Noemí Silva Sánchez Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola

Art: Dissertation

Teseo: 727393 DIALNET lock_openTESEO editor

Zusammenfassung

Esta tese aborda a aplicación metodolóxica das Ciencias da Terra á Arqueoloxía, dende o marco teórico da Edafoarqueoloxía e Reconstrución Paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos. Preséntase a modo de compendio de artigos e desenvolve a análise de sinais de cambio ambiental en arquivos edafo-sedimentarios (xeoindicadores) de dous contextos arqueolóxicos (sector continental mediterráneo de época Neolítica vs sector litoral atlántico de época romana). Combina a información físicoquímica, composicional e mineralóxica destes arquivos coa obtida doutros proxies ambientais e do estudo cronolóxico (14C), interpretando a partir de modelos de evolución actual, os cambios ambientais no pasado e a súa relación coa actividade humana. Esta liña de investigación xorde como resposta á Arqueoloxía de urxencia e á necesidade de estandarizar os estudos de reconstrución paleoambiental aplicados a contextos arqueolóxicos. Os resultados obtidos amosan dous sectores amplamente contrastados. Por unha banda o sector mediterráneo, asociado ao xacemento de Les Alcusses (Valencia), de alta relevancia por ser unha área pioneira en asentamentos dos primeiros gandeiros/ agricultores. Estúdase coa perspectiva de atopar indicios de cultivo para época Neolítica. Para este sector obtívose unha secuencia edáfica formado por VI ciclos, desenvolta sobre materiais carbonatados e que abrangue un rango cronolóxico dende o 8.7/8.5 ata o1.6 /1.4 ka cal BP. Os datos físico-químicos, de composición da MO, estudo antracolóxico e polínico amosan para momento Neolítico un nivel de solo altamente edafizado e desecarbonatado, desenvolto nun medio con baixa incidencia de lumes e clima predominantemente cálido e húmido. Condicións que favorecen o asentamento humano e desenvolvemento do cultivo. Os datos polínicos e de composición da MO tamén inciden no cambio da vexetación no medio, de abundancia arbórea a prados. En xeral identifícase o aumento da presión antrópica no medio dende época Neolítica en diante, paralelamente a cambios no clima cara un medio máis árido e seco, con alta predominancia de procesos erosivos. No caso do sector atlántico, atopámonos con dous xacementos de explotación do sal de época romana, na cidade de Vigo. Reconstrúense 4000 anos de evolución costeira (3.9/3.7 a 0.9/0.7 ka cal BP). O medio pasa de estar dominado por unha praia a ser unha formación de marisma, sobre a que se instalan as estruturas de salazón romanas. Este cambio, xunto coas condicións climáticas favorables do Período Cálido Romano e as dinámicas asociadas á subida do nivel do mar do Holoceno tardío, crearon condicións adecuadas para o establecemento dunha mina de sal nun enclave a día de hoxe non óptimo para tal actividade. Posteriormente identifícanse cambios na liña de costa que se estenden ata comezos da Alta Idade Media, cunha evolución do medio desde formación de marisma-lagoon a formacións dunares, coincidindo co cese da explotación romana de sal e o inicio do período Frío Altomedieval. Estes resultados son similares aos encontrados noutros puntos da Ría de Vigo (xacementos de Hospital e Toralla). A través dos traballos desenvoltos púidose establecer un protocolo metodolóxico co que sistematizar aspectos clave á hora de abordar unha correcta interpretación dos xacementos e o seu entorno.