A innovación e a tecnoloxía nos Medios de Servizo Público Europeos Post-Covidautomatización, Verificación e Co-creación para o desenvolvemento corporativo e social

  1. Martín Vaz Álvarez
Supervised by:
  1. Francisco Campos Freire Director
  2. José Miguel Túñez López Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 03 February 2023

Committee:
  1. Rosario de Mateo Pérez Chair
  2. Ana Isabel Rodríguez Vázquez Secretary
  3. Ana Gabriela Custódio Frazâo Nogueira Committee member
Department:
  1. Department of Communication Sciences

Type: Thesis

Teseo: 800794 DIALNET

Abstract

O obxecto desta investigación é o rol da innovación e a tecnoloxía na era post-covid nas radiotelevisións públicas de Europa. Tras un momento no cal os PSM europeos erguéronse como unha referencia informativa en momentos de crise para gran parte da poboación europea, a tecnoloxía toma agora un papel relevante á hora de manter e reforzar o capital social recuperado, así como tamén facer fronte ás ameazas máis inminentes da desinformación e responder ás novas necesidades de produción en remoto e automatizada que esixe este novo esceario post-covid. Tradicionalmente, nos PSM europeos entendeuse a innovación como evolución tecnolóxica, sen embargo, na contemporaneidade, a innovación comeza a entender como elemento no corazón da co-creación, a interacción e a xeración de comunidades. Do mesmo xeito preténdese debuxar a posición da tecnoloxía respecto ao tipo de relación que demandan os usuarios cos medios na actualidade e a linguaxe común que buscan. Isto inclúe o uso da Intelixencia Artificial para a verificación, pero tamén para crear novos productos adaptados ás propias necesidades do medios en pleno proceso de cambio e tamé ás dos usuarios cunha demanda de personalización cada vez maior. O denominador común neste esceario é a colaboración; a definición dos PSM europeos como referentes do seu entorno tecnolóxico e social pasa por un achegamento total dos medios aos usuarios, pero tamén a través do apalancamento de recusos no ámbito do emprendimento creativo global.