Lugares do comúnprocesos creativos do habitar compartido
- Carmen Franco Vázquez Director
- Vicente Blanco Mosquera Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2023
- Alfredo Palacios Garrido Presidente/a
- Guillermo Calviño Santos Secretario
- María Dolores Soto González Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta investigación parte da reflexión consciente sobre a simboloxía do lugar a través da análise e revisión de diversas perspectivas teóricas, prácticas e educativas baseadas no estudo do contexto e na relación que as crianzas establecen con él na súa actividade cotiá. O propio proceso de investigación recolle novas sensibilidades e formas de entendemento sobre a multiplicidade de significados proxectados na contorna inmediata desde perspectivas e ámbitos diferentes, que se traducen nos enfoques e dimensións presentadas. Os recursos e estratexias que se propoñen reflicten o interese da necesidade de transformar os lugares do común analizados en lugares do posible, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade educativa en termos de coidado e implicación do habitar compartido. En definitiva, a investigación céntrase en evidenciar a relación existente entre a falta dun sentido de pertenza arraigado na contorna inmediata, coa falta dunha educación formulada desde o local. A exploración continuada das causas que podan influír nesta relación, determina a selección, análise e deseño de propostas educativas que parten sempre de recoñecerse no local para cuestionarse no global.