Ramón Piñeiroo filósofo da saudade
- Marcelino Agís Villaverde Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2023
- Purificación Mayobre Rodríguez Presidente/a
- Luis García Soto Secretario
- Celeste Natário Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Ramón Piñeiro (1915-1990), intelectual, activista da lingua, político e filósofo. Este traballo pretende dar luz a ese lado máis reflexivo da vida de Ramón Piñeiro. É, tras o acontecido durante a guerra civil, cando Piñeiro precisa responder as grandes cuestións da vida e topa na filosofía o medio para encontralas. Debemos comezar por determinar cales son as principais influencias do pensamento de Ramón Piñeiro, para a continuación intentar dilucidar o seu pensamento filosófico, dividido en tres eidos diferenciados: a súas bases antropolóxicas, a cuestión do linguaxe e o concepto de saudade. O concepto de saudade, punto central do pensamento de Piñeiro, é concepto filosófico que moitos empregaron a longo da historia, a pesar diso, mostrase esquivo e confuso, polo que é necesario un traballo de reflexión dende as bases mesmas do concepto para culminar na saudade ontolóxica da que nos fala Piñeiro.