A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico
- Dopazo Entenza, José Manuel
- Francisco Fernández Rei Director
- Xosé Luís Regueira Fernández Director
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 19 de octubre de 2022
- Pilar García Mouton Presidente/a
- Manuel González González Secretario
- Xosé Henrique Costas González Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Neste traballo preséntase un conxunto de persoas xunguidas pola relación familiar coa Illa de Ons. Actualmente neste territorio tan só viven tres persoas, con todo, o corpus oral está formado polas persoas que naceron e desenvolveron a súa adolescencia e adultez en Ons (primeiro grupo de idade), as que naceron na illa e marcharon na infancia ás comarcas próximas (segundo grupo de idade) e, finalmente, as que xa naceron nos lugares de destino e tan só son descendentes (terceiro grupo de idade). A partir desta compilación de informantes, realizáronse as gravacións pertinentes, transcribíronse e procedeuse a traballar co material escrito. En primeiro lugar, extraéronse os datos relativos aos fenómenos lingüísticos de variación que se ían analizar. A continuación, mediante as probas estatísticas de Kruskal-Wallis e Mann-Whitman, identificáronse aquelas variábeis que influían no cambio lingüístico desta comunidade de fala: idade, xénero, nivel de estudos e lingua habitual. Finalmente, puxéronse todos estes resultados en relación co fin de explicar os motivos do cambio lingüístico subxacentes á variación apreciábel.