Aplicación do método das series de Taylor ao estudo do movemento orbital e rotacional do satélite artificial
- Isasi Freire, Iago
- J. A. Docobo Durántez Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 23 de xuño de 2022
- Jesús Francisco Palacián Subiela Presidente/a
- Pedro Pablo Campo Díaz Secretario
- Mercedes Arribas Jiménez Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Presentamos nesta Tese o traballo realizado no eido da Astrodinámica no tocante ao movemento rototranslacional do satélite artificial. A cerna das nosas investigacións é o emprego do método de series de Taylor para poder integrar as ecuacións que rexen o movemento traslacional e rotacional do satélite artificial. Mediante a técnica de diferenciación automática e a creación dunha álxebra de series axeitada seremos quen de implementar o devandito método en sendos propagadores orbitais con diferentes formulacións: un deles coa newtoniana creado para o movemento traslacional e o outro coa hamiltoniana para o movemento rotacional. Isto permitiranos calcular efemérides de xeito preciso e eficiente. Estableceremos tamén por primeira vez as doce ecuacións de Lagrange do movemento rototranslatorio do satélite artificial.