Articulación de competencias na gobernanza multinivel no seo da Unión Europea e a súa relación co principio de Subsidiariedade

  1. Arias Balsa, Iván
Dirixida por:
  1. Antonio Carlos Pereira Menaut Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 13 de xuño de 2022

Tribunal:
  1. Marta García Pérez Presidente/a
  2. Luis Felipe López Alvarez Secretario/a
  3. Ana Gude Fernández Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado

Tipo: Tese

Resumo

A tese de doutoramento presentada pretende a descripción do modelo competencial europeo e galego e o grao no cal a integración europea incide sobre as competencias propias de Galicia, recoñecidas no seu Estatuto de Autonomía. Para este estudo, realizouse unha aproximación ós diversos modelos de organización política, así como se analizou a distribución competencial deseñada na Constitución Española, e o Estatuto de autonomía; poñéndoo en relación coas competencias que se atribúen nos Tratados Europeos á Unión Europea. Finalmente vencéllase isto co estudo da defensa da subsidiariedade que corresponde exercer á comunidade autónoma Galega, dentro do sistema español de control da subsidiariedade e o modelo deseñado no protocolo 2 anexo ó Tratado de Funcionamento da Unión Europea.