Olvido García Valdéspoesía y poética

  1. García González, Ariana
Dirixida por:
  1. Luis Caparrós Esperante Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 27 de xullo de 2022

Tribunal:
  1. Miguel Ángel Lama Presidente/a
  2. Laurie-Anne Laget Secretario/a
  3. Claudio Rodríguez Fer Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 740000 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese proponse describir os fundamentos da poética de Olvido García Valdés, tomando como punto de partida termos e enunciados clave. O obxectivo principal consiste en dilucidar de que maneira se dirixen os seus poemas a «dar caza á cousa», ambición que se explorará desde a noción barthesiana do neutro. Antes de nada, será necesario concibir esta poesía como parte dun traballo persoal que lidia cunha categoría existencia denominada desdicha e que aspira a una efémera gracia. O real experiméntase na fascinación, fenómeno da atención no que ten lugar un baldeirarse de sí esencial para o poema. O traslado destas experiencias á escritura bebe dun pensamento que fai da de García Valdés una lingua poética crítica, capaz de abrirse máis aló dos límites (auto)impostos e consciente, entre outras cousas, da súa raíz de xénero. Por último, para dar caza á cousa, o poema aposta por enfocar a súa mirada no tanxíbel e singular. Así mesmo, pon en práctica una literalidade que socava a cara máis impositiva da linguaxe e paraliza o sentido, todo coa fin de acceder a aquilo que, por definición, é inaccesíbel.