PresentaciónLinguas minoritarias e futuro de Europa
- Suárez Castiñeira, María Luz 1
- Rivadulla Costa, Diego 2
- 1 Cátedra de Estudos Galegos, Universidad de Deusto, España
- 2 Universidade da Coruña, España
ISSN: 1130-8354
Ano de publicación: 2022
Título do exemplar: SPECIAL ISSUE. Linguas minoritarias e futuro de Europa. Minority Languages and the Future of Europe
Número: 4
Páxinas: 19-33
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Cuadernos europeos de Deusto
Resumo
Con motivo da celebración do 30 aniversario da Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto no presente curso académico 2021-2022, a revista Cuadernos Europeos de Deusto (CED) publica este número especial «Linguas minoritarias e futuro de Europa». O número inclúe oito artigos de destacados especialistas que reflexionan sobre a situación actual das denominadas linguas minoritarias no ámbito europeo e, en particular, sobre o presente e futuro do éuscaro, do catalán e especialmente do galego, como casos máis próximos, neste contexto. En consonancia co enfoque interdisciplinario da revista, acóllense contribucións desde diferentes ámbitos e perspectivas, atendendo ás dimensións social, legal ou política e ás propiamente lingüísticas e culturais. As diversas análises ofrecidas prestan atención concreta a cuestións como a lexislación lingüística, a normalización, os usos lingüísticos, nomeadamente os da xuventude, ou a importancia da dixitalización, entre outras.