Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames

  1. Henrique Monteagudo
  2. Xaquín Loredo
  3. Bieito Silva
  4. María López-Sández
  5. Gabino S. Vázquez-Grandío

Editorial: Real Academia Galega

Ano de publicación: 2021

Tipo: Libro

DOI: 10.32766/RAG.388 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Resumo

As transformacións das últimas décadas esixen cada vez máis da cidadanía a diversificación das súas destrezas lingüísticas, pero tamén unha predisposición favorable á crecente pluralidade da nosa sociedade que lle permita adaptarse a este novo marco de convivencia. Nesta realidade dinámica e cambiante, o modelo lingüístico do sistema educativo debe atender ás novas necesidades dos e das falantes, á vez que servir como vehículo de integración da súa diversidade. Nun contexto social coma o de Ames, no que estas dinámicas se fan sentir aínda máis por mor da urbanización crecente e do impacto da inmigración na súa demografía, cómpre facer unha reflexión sobre a xestión lingüística desenvolvida nos centros educativos de cara á construción dunha proposta de plurilingüismo favorable á nosa lingua e respectuosa cos seus falantes, pero tamén acolledora para esta nova veciñanza e útil para o futuro do alumnado. O obxectivo desta guía é contribuír a esta reflexión analizando a situación sociolingüística local, facendo algunhas aclaracións conceptuais ao redor da proposta europea para o plurilingüismo e recollendo algunhas consideracións de cara á planificación lingüística nos centros educativos.