Cara á deseucaliptización de Galicia? Un conflito paisaxístico caracterizado a través dalgunhas manifestacións no territorio galego

  1. Cidrás Fernández, Diego
Dirixida por:
  1. Rubén Camilo Lois González Director
  2. Valerià Paül Carril Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 10 de marzo de 2022

Tribunal:
  1. Anna Ribas Palom Presidente/a
  2. Ángel Miramontes Carballada Secretario
  3. José Joaquim Dinis Reis Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Xeografía

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese analiza a conflitividade xerada ao redor da expansión do eucalipto no territorio galego. Así, a investigación destínase a estudar as deseucaliptizacións, entendidas como un conxunto de accións organizadas que arelan a eliminación e/ou contención do eucalipto nos montes. A parte contextual da tese ofrece unhas coordenadas teóricas xerais, nas que salienta a conceptualización de paisaxe e natureza, así como unha revisión dos antecedentes en campos como o estudo do monte galego, das repoboación forestais e dos lumes no país. Deseguido, o traballo empírico, de base cualitativa, consiste en catro casos de estudo en Galicia, e un en Australia concibido como contrapunto. Neles demóstrase que as deseucaliptizacións van alén do discurso ecolóxico, de xeito que responden a unha carga emocional máis profunda, así como a condicionantes territoriais que transcenden a temática ambiental nun sentido estrito. Conclúese, así pois, que as deseucaliptizacións deben ser concibidas como un conflito paisaxístico e, neste sentido, propóñense medidas que habiliten unha mellor planificación das paisaxes forestais.