Realismo máxico, conflito nacional e metaficción historiográfica de referencia galega (1972-1987)modelos discursivo ideolóxicos na narrativa de G. Torrente Ballester, V. F. Freixanes e X. L. Méndez Ferrín
- Pesado Rodríguez, Pablo
- Arturo Casas Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 14 de xaneiro de 2022
- Helena Miguélez Carballeira Presidente/a
- César Domínguez Prieto Secretario
- Olivia Rodríguez-González Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese de doutoramento estuda a chegada do realismo máxico ao sistema literario galego como un episodio fundamental do conflito nacional galego-español contemporáneo. Con ese obxectivo propón unha interpretación alternativa desa poética, considerándoa unha ferramenta para a nacionalización das poboacións orixinarias do continente latinoamericano. Desde ese punto de partida, reconstrúe a historia dos conceptos de maxia, imaxinación e fantasía no sistema cultural galego no século XX e rastrexa a súa evolución paulatina até a formulación definitiva dun realismo máxico galego entre 1972 e 1987. Para conferir este proceso toma tres casos de estudo: La saga/fuga de J. B. (1972) de G. Torrente Ballester, O Triángulo Inscrito na Circunferencia (1982) de V. F. Freixanes e Bretaña, Esmeraldina de X. L. Méndez Ferrín.