A presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia

  1. Pena Bascoy, Estefanía
Dirixida por:
  1. Jesús Rodríguez Rodríguez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 10 de decembro de 2021

Tribunal:
  1. José Antonio Caride Gómez Presidente
  2. Santiago Yubero Jiménez Secretario/a
  3. Isabel María Gallardo Fernández Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese presenta unha investigación que ten como obxectivo analizar a presenza da dramatización e do teatro nos materiais didácticos do ensino primario en Galicia. Para acadar dito propósito empregouse como instrumento unha guía de avaliación elaborada ad hoc e validada, implementada e dirixida a pescudar nos materiais didácticos da mostra a presenza da dramatización e do teatro a través de 10 dimensións de análise. Este instrumento aplicouse a unha mostra de 45 materiais didácticos do 2º e 3º nivel do ensino primario mediante a metodoloxía de análise de contido. Como resultado conclúese que a dramatización e o teatro teñen escasa presenza nos materiais didácticos analizados, sendo máis frecuente a súa aparición nos materiais de Lingua galega e literatura e Lengua castellana y literatura. Nestes materiais didácticos a dramatización e o teatro adoitan manifestarse como elementos encamiñados ás actividades de lectoescritura, con referencias claras á literatura dramática ou suxestións de lecturas dramatizadas. Nos materias didácticos de ciencias a presenza é nula ou anecdótica. Estes resultados poñen de manifesto a necesidade de poñer en valor o emprego da dramatización e do teatro no ensino a través dos materiais didácticos dados os beneficios que a súa práctica comporta para o desenvolvemento íntegro do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe.