O golpe de estado, as persecucións e a retagarda na guerra civil españolaas actitudes sociais en Galicia (1936-1939)

  1. López Sánchez, Concepción
Dirixida por:
  1. Antonio Míguez Macho Director
  2. Lourenzo Fernández Prieto Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 03 de decembro de 2021

Tribunal:
  1. Ismael Saz Presidente/a
  2. Maria Aurora Artiaga Rego Secretaria
  3. Miguel Ángel del Arco Blanco Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Historia

Tipo: Tese

Resumo

O Golpe militar do 18 de xullo de 1936 converteu o territorio español en escenarios de retagarda e confrontación bélica ata 1939. Neste espazo e tempo, os sublevados chegaron ao poder por medio da acción violenta e empregaron unha serie de estratexias nas que a sociedade xogou un papel relevante. O foco da análise sitúase, precisamente, nos seus comportamentos e actitudes dentro deste contexto. A finalidade é coñecer cal foi a función da participación social nos xuízos militares instruídos e, por tanto, determinar a súa misión dentro da táctica violenta dos sublevados.