Estado de conservación e potencialidade para a explotación pesqueira da lamprea mariña (Petroyzon marinus Linnaeus, 1758) no río Tambre

  1. Fernando Cobo 1
  2. Sergio Silva 2
  3. Rufino Vieira-Lanero 2
  4. Javier Sánchez-Hernández 3
  5. Sandra Barca 2
  6. María José Hervia 4
  1. 1 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Universidade de Santiago de Compostela. Vilagarcía de Arousa; Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
  2. 2 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Universidade de Santiago de Compostela. Vilagarcía de Arousa
  3. 3 Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
  4. 4 Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía. Facultade de Ciencias. Universidade de A Coruña
Revista:
GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)

ISSN: 2659-8760

Año de publicación: 2019

Volumen: 1

Número: 1

Páginas: 91-95

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)

Objetivos de desarrollo sostenible

Resumen

A lamprea mariña (Petromyzon marinus Linnaeus, 1758) é unha especie anádroma ameazada cunha elevada importancia socio-económica e cultural. O obxetivo deste estudo foi investigar o estado de conservación de P. marinus na conca do río Tambre e a viabilidade dunha posible pesquería da especie. Para este fin realizouse unha mostraxe específica de larvas de lamprea (ammocetes) con pesca eléctrica en abril de 2011, en catro localidades, tres no río Tambre e unha nun afluente, o río Donas. O río Tambre presentou valores medios de densidade e baixos de biomasa, cunha gran variación entre localidades. A maioría de ammocetes eran menores de 60 mm (menores de dous anos de idade). Pola contra, o río Donas presentou valores de densidade e biomasa semellantes á media dos ríos galegos e unha estrutura de idades máis complexa. Esto indica que as lampreas chegan á desembocadura do Tambre, pero prefiren remontar o Donas. En conclusión, o río Tambre posúe unha capacidade mala ou moi mala para acoller unha poboación estable e abundante de lamprea polo efecto ecolóxico da situación e réxime de explotación do encoro "Barrié de la Maza". Como consecuencia, na actualidade é inviable a apertura dunha pesquería de lamprea neste río.