Hibridación de Achondrostoma arcasii (Steindachner, 1866) e Pseudochondrostoma duriense (Coelho, 1985) en afluentes da marxe española do Baixo Miño
- Rufino Vieira-Lanero 2
- Sergio Silva 2
- Sandra Barca 2
- Javier Sánchez-Hernández 3
- David José Nachón 3
- Elba Silva 2
- M. Carmen Cobo 2
- Fernando Cobo 1
- 1 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Universidade de Santiago de Compostela. Vilagarcía de Arousa ; Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
- 2 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Universidade de Santiago de Compostela. Vilagarcía de Arousa
- 3 Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
ISSN: 2659-8760
Datum der Publikation: 2019
Ausgabe: 1
Nummer: 1
Seiten: 97-100
Art: Artikel
Andere Publikationen in: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)
Zusammenfassung
A hibridación entre especies é considerada como unha ameaza para as especies de peixes de auga doce. O obxetivo desta nota é dar conta da presenza de híbridos na parte española da conca do Baixo Miño. Para este fin realizáronse mostraxes de pesca eléctrica en 11 localidades. En total capturáronse 9338 individuos pertencentes a 17 especies, incluindo 1010 individuos de Achondrostoma arcasii (Steindachner, 1866), 299 de Pseudochondrostoma duriense (Coelho, 1985) e 3 híbridos P. duriense x A. arcasii. A presenza de híbridos foi constatada nos ríos Pego e Caselas, cunha densidade e biomasa de 0.001 ind/m2 e 0.02 g/m2 no río Pego e de 0.001 ind/m2 e 0.03 g/m2 no río Caselas. Os híbridos entre estas dúas especies con outros ciprínidos xa foron descritos nesta e noutras concas próximas. Tanto no río Pego coma no Caselas os exemplares híbridos foron capturados en tramos delimitados por obstáculos infranqueables para estas especies, o que podería causar ou facilitar a aparición de hibridos. Ao mesmo tempo, cabe sinalar que a reducida proporción de híbridos capturados neste estudo suxire que o impacto de hibridación na comunidade de peixes da marxe española do Baixo Miño é mínima