Casos prácticos de modelado 3D de precisión a partir de fotografías[edición en galego]
- Santiago Martínez Rodríguez
- María de la Luz Gil Docampo
- María teresa Rego Sanmartín
Publisher: Servicio de Publicaciones = Servizo de Publicacións ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 9788415876892
Year of publication: 2014
Type: Book
Abstract
Preséntase a fotogrametría como ferramenta de medida ao alcance de calquera usuario a partir da representación en tres dimensións de calquera obxecto. Iso conséguese mediante o emprego dunha cámara fotográfica, dun teléfono móbil e o software libre de modelado tridimensional 123D Catch. Coa realización dos casos prácticos formulados de forma didáctica e sinxela, poderase aprender como utilizar a tecnoloxía ao noso alcance para obter modelos en 3D de obxectos, escalalos, medilos e determinar as súas coordenadas. Este manual poderá resultar de especial interese aos participantes do "Campionato Mundial de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil" www.d3mobile.es, pois facilita e afonda na realización dos exercicios e as probas propostas neste, proporcionando a ocasión de investigar que calidade métrica se pode conseguir nun modelo 3D realizado co propio equipo, practicar, analizar resultados, sacar conclusións e mellorar a calidade dos modelos obtidos.