Transicións sociaissociedade da información e educación escolar
- Juan Carlos Pardo Pérez
- Alfonso García Tobio
ISSN: 1132-8932
Datum der Publikation: 1999
Titel der Ausgabe: Escola e sociedade da información
Nummer: 32
Seiten: 21-50
Art: Artikel
Andere Publikationen in: Revista galega de educación
Zusammenfassung
Este artigo ten para nós, os seus autores, unha intención catártica, pois a través del pretendemos espantar ÓS demos que nos roldan, tratando de expresar en palabras o cúmulo de preocupacións que esta época turbulenta desata en nós. Vivimos nun intenso, crítico e conflictivo período de transición social que penetra todos os asuntos humanos, desde a política e a economía, pasando pola cultura e pola educación, ata a organización social e as relacións humanas. A finais do século XX estanse a producir importantes cambios sociais e culturais que, para moitos, son indicios de que está rematando unha época e iniciándose outra. A que agora se debuxa aparece ante nós de forma vaga, confusa e imprecisa, e non só polas innumerables posibilidades que nos ofrece, senón tamén polos riscos e continxencias asociados ó nivel de desenvolvemento tecnolóxico alcanzado. Nnda que o menos importante son as etiquetas, acostúmase a falar de sociedade moderna ou industrial para denominar ó modelo social que agora acaba, e sociedade postmoderna, postindustrial ou sociedade da información para referirse ó modelo social que está alumeando.