Movemento Avixe, Alumnado x Vixiancia de Xéneropatrullando a realidade social
- 1 Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Ciencia Política e Socioloxía
- López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
- Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
- Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)
Editorial: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-9749-758-9
Ano de publicación: 2019
Páxinas: 345-358
Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)
Tipo: Achega congreso
Resumo
A motivación e o obxectivo fundamental deste breve texto, é compartir unha experiencia académica impartindo aulas sobre “Identidade de Xénero e Educación” (IXE) na Facultade de Formación do Profesorado (Campus Terra). Unha bagaxe profesional dun valor intrínseco. A metodoloxía docente aplicada, xurde dunha profunda convición na utilidade e necesidade dunha materia destas características. Máis nomeadamente, nos plans de estudio das titulacións que forman aos educadores/as de futuras xeracións. Unha aposta por unha maior e máis estratéxica presenza, pero non só nas áreas propias do ámbito educativo - onde a súa ausencia é inexcusable -, tamén noutros campos académico-universitarios, onde cómpre evidenciar a importancia da linguaxe e as experiencias inclusivas e igualitarias. Unha dinámica que ten a obriga de trascender o traballo transversal, que mesmo debe impregnar o currículum nos estudios de secundaria (ESO, Bacharelato e ciclos formativos de FP). Esta aportación xurde co ánimo reivindicativo e cómplice: expoñer e poñer en común dinámicas pedagóxicas e ferramentas de ensino-aprendizaxe dunha materia, por sí mesma, vencellada ao contido, formato e temática desta convocatoria.