Príncipes e pastoresos arcebispos de Santiago de Compostela na época moderna

  1. Suárez Golán, Fernando
Supervised by:
  1. Ofelia Rey Castelao Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 26 November 2021

Committee:
  1. José Pedro Paiva Chair
  2. Domingo L. González Lopo Secretary
  3. María Luisa Candau Chacón Committee member
Department:
  1. Department of History

Type: Thesis

Abstract

Esta tese sitúase nun espazo historiográfico múltiple, que parte da historia social, a través da recomposición dun sector social relevante, para acceder á historia da cultura na súa vertente de estudo da imaxe e do imaxinario social. En esencia búscase articular a realidade social e a súa percepción polos suxeitos e axentes sociais que participaron dela. Para isto seleccionouse un grupo social determinado, os arcebispos de Santiago durante a época moderna, porque neles se concita a dobre serie de fontes documentais que permiten facer o contraste entre a realidade e a súa percepción. En tanto que os arcebispos de Santiago eran verdadeiros príncipes da Igrexa, proponse tamén un intento de recuperación biográfica, en liña coas tendencias recentes da historiografía, pero entendendo que esa recomposición non é un obxectivo en si mesma, senón un medio.