Factores de risco na aparición da dormetaanálise e estudo de cohortes
- Prego Domínguez, Jesús
- Bahi Takkouche Doktorvater
- Nicola Orsini Co-Doktorvater/Doktormutter
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 27 von September von 2021
- Agustín Montes Martínez Präsident
- Francisco J. Blanco García Sekretär/in
- Elena Raffetti Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
A dor crónica representa un problema de Saúde Pública, con importantes repercusións na calidade de vida dos individuos e un enorme impacto económico e sanitario a nivel global. Non comezou a ser considerada coma unha entidade patolóxica por si mesma ata fai pouco máis dunha década, polo que o coñecemento fisiopatolóxico e a abordaxe clínica son aínda considerablemente limitados. Ata a data, varios factores de risco foron estudados, mais, con todo, a maior parte da investigación está referida a trastornos relacionados coa dor, e non á dor crónica considerada coma unha entidade por si mesma. Estas limitacións levan a que exista un escaso coñecemento sobre as medidas eficaces para previr a aparición e o empeoramento da dor crónica. Debido a isto, formulamos unha investigación destinada a estudar a relación entre os factores sociais (nivel socioeconómico, cargas familiares e cargas laborais) e a aparición e empeoramento da dor crónica. Na revisión sistemática e metaanálise que realizamos, os resultados mostran un maior risco de desenvolver dor crónica entre os individuos con nivel socioeconómico baixo e intermedio. Esta asociación é máis pronunciada entre os individuos de nivel socioeconómico baixo, e dáse en tódolos síndromes de dor crónica estudados. Ademais, tanto o nivel socioeconómico coma as cargas familiares e laborais están asociadas á aparición da dor crónica, unha relación na que o sexo actúa coma factor modificador deste efecto. Por último, o nivel socioeconómico alto aumenta o risco de que a dor empeore moderadamente, pasando de ser dor non crónica e localizada, a dor crónica e/ou extensa. En cambio, non ten influencia sobre un empeoramento grave da dor, que incorpore síntomas somáticos e sufrimento psicolóxico.