Entropy in higher-curvature theories of gravity
- Vilar López, Alejandro
- José Daniel Edelstein Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 24 September 2021
- José Luis Fernández Barbón Chair
- Alfonso Vázquez Ramallo Secretary
- Jan de Boer Committee member
Type: Thesis
Abstract
A presente tese estuda a noción de entropía gravitacional cando a acción da teoría presenta correccións de orde superior na curvatura en dous contextos diferentes. Por una banda, mediante a entropía dos buracos negros nunha familia de teorías que presenta invariancia baixo T-dualidade a nivel das solucións clásicas. O obxectivo nesta parte é precisamente estudar a interrelación entre a entropía e a Tdualidade, comprobando se estas transformacións deixan ou non invariantes as propiedades termodinámicas dos buracos negros. Por outra banda, estúdase tamén a entropía de entrelazamento holográfica cando aparecen termos de orde superior na curvatura. Logo de propoñer unha reescritura do correspondente funcional máis sinxela e práctica, probando a súa equivalencia coa versión previamente coñecida na literatura, obtéñense os funcionáis para diversas teorías, e utilízanse para calcular os termos universais correspondentes a diferentes rexións na teoría de campos conforme (CFT) dual.