O estereotipo antigalego na literatura española modernaxénese, desenvolvemento e consolidación

  1. Pérez Vigo, Alexandre
Dirigida por:
  1. Manuel Ferreiro Fernández Director/a

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 17 de febrero de 2021

Tribunal:
  1. Henrique Monteagudo Romero Presidente
  2. Laura Tato-Fontaíña Secretario/a
  3. Anxo Angueira Viturro Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 651776 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

Baixo o título de O estereotipo antigalego na literatura española moderna: xénese, desenvolvemento e consolidación, a presente tese de doutoramento analiza a imaxe negativa que acompañou a Galiza e o pobo galego na produción literaria española entre os séculos XVI e XIX. A fin de integrar as diferentes reflexións e estudos dedicados á galaicofobia e o estereotipo antigalego moderno, especialmente numerosos desde a segunda metade do século XX, esta investigación desenvólvese no seo da multidisciplinariedade ao abordar este fenómeno estereotípico a través dun corpus documental nomeadamente heteroxéneo. Baixo esta perspectiva, cobran especial significado neste estudo aqueles postulados e teorías emanados da psicoloxía social, por canto permiten estabelecer paralelismos entre o caso galego e outros grupos étnicos e/ou nacionais, singularmente no eido das relacións centro-periferia. Para alén de manifestar a existencia dun estereotipo do Outro, marcado por características notadamente negativas dun punto de vista social, a análise textual apunta a unha confluencia de diversos factores culturais, socioeconómicos e políticos como orixe e conformación do estereotipo antigalego moderno. A influencia exercida por estes elementos no imaxinario colectivo castelán −e posteriormente español−, así como o seu contexto determinativo, condúcenos a unha comprensión global do estereotipo antigalego a través de diferentes estadios e/ou períodos