Representación literaria da memoria e consecuencias da Transición na sociedade galega posfranquistaaproximación á novela "O tempo en ningunha parte", de Xosé Manuel Martínez Oca
-
1
Universidade da Coruña
info
ISSN: 1803-4136, 2571-0966
Year of publication: 2019
Issue: 2
Pages: 269-283
Type: Article
More publications in: Romanica Olomucensia
Abstract
O presente traballo sitúase nunha das interseccións entre o ámbito dos estudos literarios e os estudos da memoria cultural e toma como obxecto de estudo a novela galega O tempo en ningunha parte (2003), de Xosé Manuel Martínez Oca, publicada no contexto do boom memorialista que se desenvolve en España a partir do 2000. A través do estudo da representación literaria da memoria ou «mímese de memoria» na novela, pretendemos comprender os procesos e dinámicas culturais que o recordo da guerra civil e o franquismo provocou na sociedade de 1985, ben como o discurso que a novela emite no debate contemporáneo sobre o pasado que ten lugar na esfera pública. O tempo en ningunha parte reflicte as consecuencias das políticas de esquecemento da Transición a través do silencio sobre o pasado que envolve toda a trama de investigación. Ao tempo, a novela propón unha lectura crítica do proceso de democratización en Galiza e no conxunto do Estado español. Mediante a mímese de memoria, o autor adianta os conflitos pola memoria que se desenvolverán en España desde o 2000 e posiciónase de forma clara e crítica co discurso que proxecta no propio debate público sobre a interpretación e xestión do pasado traumático recente.