O ámbito naval e marítimo-pesqueiro desde a perspectiva da Seguridade Social. Aproximación xeral
ISSN: 2173-9811
Año de publicación: 2016
Número: 7
Páginas: 105-121
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo
Resumen
O naval e marítimo-pesqueiro é un dos ámbitos económicos máis importantes, en particular en Galicia, onde, dadas as dimensións deste sector, un bo número de traballadores desenvolve a súa actividade. En moitos aspectos, no devandito ámbito rexe a aplicación de regras especiais fronte ás comúns do dereito laboral e da Seguridade Social, que comunmente son obxecto de estudo específico en diversos manuais doutrinais e mesmo plans de estudo. Neste artigo preténdese ofrecer unha visión xeral do sector desde o punto de vista xurídico para facilitar unha aproximación –en grandes liñas– a esta materia desde a perspectiva da Seguridade Social.