Algunhas orientacións sobre o ensino dunha segunda lingua nun contexto educativo bilingüe

  1. Salcines Martínez, María
  2. Baña Castro, Manoel
Journal:
Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación: revista de estudios e investigación en psicología y educación

ISSN: 1138-1663

Year of publication: 2003

Volume: 9

Pages: 387-396

Type: Article

More publications in: Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación: revista de estudios e investigación en psicología y educación

Abstract

Na actualidade, determina-los beneficios ou os perxuicios que pode te-lo bilingúismo no desenvolvemento cognitivo dun individuo soe orixinar unha grande controversia científica, que vese acrecentada ó soer aparellarse ás cuestións lingúísticas e os contextos das linguas en contacto, o seu tratamento e a súa utilización, implicacións políticas e plantexamentos ideolóxicos. A existencia de moitos factores que influen na aprendizaxe das linguas fai que sexa dificil de plantexar un modelo explicativo con garantías de ser eficaz. A análise de diversas experiencias e contribucións permiten deseñar un listado de propostas de cambio, centradas no importante papel que xoga a educación democrática como base sobre a que o bilingúismo non interfira negativamente no desenvolvemento cognitivo e persoal dos suxeitos. Para ib, é necesario procurar quitarlíe o máximo beneficio ó dominio de dúas linguas, non só desde un punto de vista instrumental, que aumente as posibilidades de comunicación do individuo, senón como un auténtico enriquecemento cultural e persoal. Esta nova concepción educativa asegura o dereito de acceso e igualdade de oportunidades para todos, garante as posibilidades de enriquecemento e de desenvolvemento do individuo, a súa promoción cultural e social e a valoración da súa propia lingua e cultura, base e elemento esencial da educación, a través da que se establece a apertura cara ó mundo e a outras culturas e cívílízacíóns.