É o noso fuso horario un problema?

  1. Jorge Mira Pérez 1
  1. 1 Universidade de de Santiago de Compostela

Editorial: Consello da Cultura Galega

Ano de publicación: 2017

Tipo: Libro

DOI: 10.17075/ENFHP.2017 GOOGLE SCHOLAR

Resumo

O debate público suscitado nos últimos tempos sobre a conveniencia ou non do cambio do fuso horario en Galicia, en particular, e en España, en xeral, e a súa resolución nun ou noutro sentido afecta a todos os niveis da poboación, así como aos hábitos e costumes. É por isto que o Consello da Cultura Galega considerou pertinente realizar a partir da súa Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, en outubro do pasado ano 2016, un debate, con defensores dunha ou outra postura, en relación cos cambios no fuso horario. Conscientes do interese deste encontro, tomouse a decisión de publicar (en formato dixital, en galego e castelán) o presente libro baseado nos relatorios presentados no mesmo, desexando que a súa lectura e difusión contribúan a favorecer un diálogo sereno e asentado, sobre todo, no mellor coñecemento do que se dispón na actualidade