O léxico da hipoloxía no galego oral

  1. Groba Bouza, Fernando
Dirigida por:
  1. Alexandre Rodríguez Guerra Director/a
  2. Patricia Fernández de Trocóniz Revuelta Codirectora

Universidad de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 18 de diciembre de 2020

Tribunal:
  1. Juan María Carrasco González Presidente/a
  2. Xosé Henrique Costas González Secretario/a
  3. María Álvarez de la Granja Vocal

Tipo: Tesis

Resumen

Esta tese é unha proposta de compilación, clasificación e análise do caudal léxico relacionado co sector equino no noroeste da Península Ibérica no idioma galego (Galiza e concellos galegofalantes de Asturias, León e Zamora) e nas falas lusas máis próximas a Galiza. Este estudo dá conta das diferentes unidades de expresión que achegaron 107 persoas -especialistas no ámbito- que foron entrevistadas ex profeso. Concretamente, achéganse as formas que teñen para nomear ou describir os équidos segundo diferentes parámetros como son: a especie, o sexo, a idade, a calidade, o comportamento, as particularidades físicas ou as particularidades fisiolóxicas; os nomes e adxectivos que teñen que ver coas partes do exterior e interior do corpo dos animais; as denominacións vinculadas coa faneróptica; a terminoloxía que ten que ver coa súa cronometría; as accións vitais básicas; así como tamén o léxico vinculado cos diferentes problemas de saúde que poden presentar e os posíbeis coidados.