Variation in the clausal complementation system in world englishesa corpus-based study of regret

  1. Pereira Romasanta, Raquel
Dirixida por:
  1. Elena Seoane Posse Director
  2. Manfred Krug Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 14 de decembro de 2020

Tribunal:
  1. Sarah Buschfeld Presidente/a
  2. Javier Pérez Guerra Secretario/a
  3. Lucía Loureiro Porto Vogal

Tipo: Tese

Resumo

As variedades inglesas de todo o mundo ou Novos Ingleses describíronse na bibliografía como variedades independentes do inglés por si mesmas e non como simples desviacións do inglés británico (Platt, Weber e Ho 1984; Clyne 1992). Un conxunto distintivo de características que son o resultado dun proceso de nativización estrutural e ocorren en tódolos niveis do idioma distinguen aos Novos Ingleses do inglés británico e a unhas variedades das outras. O máis visible e característico dos Novos Ingleses ten lugar nas áreas da fonoloxía e o léxico, pero moitas outras características ocorren na intersección entre a gramática e o léxico (E. W. Schneider 2007: 5-6). A nivel gramatical as diferenzas entre variedades atópanse principalmente nas frecuencias de uso de certas estruturas gramaticais (ver por exemplo Olavarría de Ersson e Shaw 2003). Con esta tese, pretendo contribuír ao campo do inglés en particular e ao da lingüística inglesa en xeral proporcionando unha análise detallada dos potenciais predictores da variabilidade morfosintáctica en 16 variedades do inglés en todo o mundo...